Últimos días para anotarse ao campamento musical da Escola de Música de Guitiriz
TerraChaXa
Está dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos e levarase a cabo do 3 ao 6 de setembro
Cartel
29 Ago 2024
A Escola de Música municipal de Guitiriz ultima a matrícula do campamento de verán Medrando coa música, unha iniciativa que combina a aprendizaxe, o ocio e a conciliación e que está dirixida a nenas e nenos de 4 a 12 anos.
O campamento musical levarase a cabo do 3 ao 6 de setembro nesta ocasión en Parga, en horario de 10 a 14 horas, aínda que existe a posibilidade de facer a entrada ás 9 horas.
A inscrición é gratuíta para as persoas empadroadas en Guitiriz e as prazas son limitadas, cun máximo de 33 participantes. O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de agosto e poderá formalizarse de xeito presencial na casa do concello ou a través da sede electrónica.