Últimos días para anotarse ao xantar de Entroido dos centros veciñais de Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
A xornada dará comezo ás 14.30 horas e estará amenizada por un dúo musical Ángel América
comida-entroido-riotorto-portaad
14 Mar 2025

O Concello de Riotorto organiza un ano máis unha comida de Entroido, que terá lugar o mércores 19 de marzo.

A xornada dará comezo ás 14.30 horas e estará amenizada por un dúo musical Ángel América.

O menú, que ten un prezo de 30 euros por persoa, inclúe sopa, cocido completo, sobremesa,  café e bebidas.

A data límite para anotarse é o 16 de marzo, e terá que facerse nos centros veciñais con preferencia para as persoas inscritas nas actividades.

⚙ Configurar cookies
0.64531803131104