Últimos días para anotarse ás XI xornadas de seguridade na moto de Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O sábado 18 de febreiro o motoclub Lóstregos-Lvcvs organiza as IX Xornadas Galegas de seguridade en moto, en Outeiro de Rei.
xornadas seguridade moto outeiro de rei
28 Xan 2023

O sábado 18 de febreiro o motoclub Lóstregos-Lvcvs organiza as IX Xornadas Galegas de seguridade en moto, en colaboración coa DXT, a Garda Civil de Tráfico, a Cruz Vermella de Lugo, a AGMG (Asociación de grupos moteiros Galegos) e outras organizacións implicadas na seguridade dos motoristas.

As xornadas están dirixidas a todos os motoristas galegos, "un colectivo moi necesitado de reflexionar sobre a seguridade viaria, debido a que no que vai de ano xa houbo 59 vítimas en accidentes de motocicleta e trece delas faleceron", indican dende a organización.

Como nestes últimos anos as xornadas realizaranse no concello de Outeiro de Rei, que cede as súas instalacións.

Os motoristas interesados en asistir ás mesmas poden formalizar a súa inscrición no teléfono 619 987 809. O prazo de inscrición termina esta fin de semana.

PROGRAMA

Este ano contarán nunha sesión con Javier Mañá, que explicará o sistema de condución roadcraft, que utiliza a policía inglesa para realizar persecucións en motocicleta. Así mesmo, Francisco de MM Racing amosará a importancia que na seguridade teñen as amortiguaciones e como aprender a regulalas.

Ademais, o blogueiro e especialista en seguridade viaria en moto @PoluxCrivillé afondará sobre os sistemas de protección para a moto. e o sarxento Daniel Castelo disertará sobre as consecuencias morais e legais dun accidente desde o punto de vista da concienciación.

Por outra banda, Alejandro Rancho, da Fundación Avata de axuda ao accidentado, explicará que facer en caso de accidente.

Como complemento, o Subsector de Tráfico de Lugo, en colaboración coa Cruz Vermella, realizará un simulacro de accidente encamiñado a mostrar os protocolos de actuación en caso de accidente.

xornadas seguridade moto outeiro de rei cartel
0.22694897651672