Últimos días para anotarse en Begonte a un curso de educación emocional y técnicas de relajación

O Concello de Begonte, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza o próximo luns 24 de febreiro un curso gratuíto sobre educación emocional e técnicas de relaxación.
A actividade, dirixida á poboación en xeral, desenvolverase na Casa da Cultura de Begonte en horario de 16:30 a 20:30 horas.
O curso ten como obxectivo ensinar ás persoas participantes a xestionar as súas emocións, manexar o estrés e a ansiedade de forma axeitada e adaptarse a situacións de cambio ou transicións vitais como enfermidades ou procesos de dó.
Será impartido pola docente Mercedes Urbiola Ituarte, pedagoga e guía Montessori, e inclúe contidos prácticos orientados a mellorar o benestar emocional e reducir o estrés.
As persoas interesadas poden inscribirse ata este martes, 18 de febreiro, a través do correo electrónico deportes@concellodebegonte.es, dos teléfonos 619 455 026 ou 982 396 143, ou presencialmente nas oficinas do Concello.