Últimos días para anotarse na VIII Carreira Popular 7K de Begonte do 29 de xuño

TerraChaXa
As persoas interesadas en participar aínda poderán facelo ata este xoves
carreira-popular-de-begonte
23 Jun 2025

O Concello de Begonte acollerá o vindeiro domingo 29 de xuño de 2025 a VIII Carreira Popular Begonte 7K, unha cita xa consolidada no calendario deportivo da comarca. O evento contará con diferentes categorías, incluíndo a carreira absoluta, andaina e probas para menores, adaptadas a distintas idades e distancias.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o 26 de xuño ás 23:59 horas a través da web www.ccnorte.com. A proba estrela será a carreira absoluta de 7 quilómetros, que dará comezo ás 11:00 horas e contará con categorías sénior e veteranos/as. Tamén haberá unha andaina aberta a todas as idades, que arrancará ás 10:00 horas, así como carreiras menores con distancias adaptadas segundo o ano de nacemento dos participantes.

Os tres primeiros clasificados na categoría absoluta masculina e feminina recibirán medallas e agasallos, mentres que os mellores equipos e atletas doutras categorías tamén serán premiados. Ao remate da entrega de premios, haberá aperitivos para todos os participantes. Begonte converterase nun punto de encontro para deportistas e afeccionados ao running, nunha xornada marcada pola competitividade e o ambiente festivo.

⚙ Configurar cookies
0.16282892227173