Últimos días para os concursos de debuxo e de caligramas pola Asociación de Pino

TerraChaXa
A Asociación de San Martiño convoca o II Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba e do II Certame de Caligramas Constanza de Castro.
concursos portada caldaloba
14 sep 2022

A Asociación Recreativa Cultural de San Martiño remata esta semana unha nova edición do Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba e do I Certame de Caligramas Constanza de Castro, ambos en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba.es co fin de reivindicar a relevancia histórica e cultural da Torre.

O Certame de Caligramas Constanza de Castro ten como obxectivo reivindicar a relevancia histórica e cultural deste emblema da Chaira, ademais de promover a creación artística. O obxectivo será crear debuxos con textos.

Neste concurso poderán participar todas as persoas maiores de 12 anos cunha única obra que será en formato e temática libres.

Para os menores de 12 anos está previsto o I Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba con formato e temática libres.

O prazo de presentación para ambos os dous rematará o 24 de setembro e esta farase no correo electrónico asociacionpino@gmail.com que se enviará en sobres respectando o anonimato do concursante.

O premio consistirá en senllos diplomas e 200 euros para o gañador e 100 para o segundo no caso dos caligramas e diploma e lote de material de debuxo para os pequenos.

Os premios repartiranse durante a celebración dunha nova edición do Magosto Cal da Loba pero o fallo do xurado darase a coñecer con anterioridade, o 8 de outubro.

certamen debuxo infantil a tua caldaloba
certamen caligramas constanza de castro
0.20985102653503