Últimos días para participar na carreira solidaria de Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
Coincidindo coa celebración da Feira de Artesanía, o concello de Outeiro de Rei organiza unha nova edición, a sexta, da carreira solidaria.
CARREIRA SOLIDARIA OUTEIRO DE REI PORTADA
28 Xuño 2022

Coincidindo coa celebración da Feira de Artesanía, o concello de Outeiro de Rei organiza unha nova edición, a sexta, da súa carreira solidaria, que se celebrará tamén o domingo 3 de xullo.

A carreira faise baixo o título SOMOS xente CORREnte e está dirixida a todas as idades. A absoluta, para as categorías sénior e veterano, será ás 10.30 horas con saída na praza do Concello e chegada ao Campo de Santa Isabel cunha lonxitude de 5.800 metros.

Haberá tamén unha carreira infantil e cadete para os nados entre 2006 e 2009, de 1.400 metros; outra alevín (2010 e 2011) de 1.100, a prebenxamín e benxamín para aqueles con data de nacemento entre 2015 e 2012 de 700 metros, e unha última para a categoría chupete na que participarán todos aqueles nados antes do 2016. Estas edicións para pequenos terán lugar ás 11.15 horas no Campo de Santa Isabel.

A entrega de premios será ás 13.00 horas e haberá trofeos para os tres primeiros de cada cadetgoría da proba absoluta e medalla conmemorativa para todos os inscritos nas carreiras de menores.

A parte solidaria da carreira será que a recaudación da mesma destinarase nun 50% á asociación SOMOS Unidos polo Cancro para a investigación desta enfermidade. A outra parte irá para un fondo de emerxencia para os refuxiados pola guerra de Ucraína.

A inscrición xa está aberta e pode realizarse a través da web www.carrerasconencanto.com. O prazo remata o día 1 de xullo.

A cota de inscrición será de 5 euros para a carreira absoluta e gratis para as categorías de menores.

CARREIRA SOLIDARIA OUTEIRO DE REI
0.18460392951965