Últimos días para visitar a mostra 'A Pedra Seca' en Guitiriz

TerraChaXa
Ofrece un percorrido polo uso da pedra seca como un dos elementos máis representativos do patrimonio arquitectónico popular galego
a-pedra-seca-exposicion
27 Jul 2025

A exposición fotográfica A Pedra Seca, realizada por Xosé Manuel Irimia e promovida polo Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), afronta os seus últimos días na Escola Habanera de Guitiriz.

A mostra, que ofrece un percorrido polo uso da pedra seca como un dos elementos máis representativos do patrimonio arquitectónico popular galego, poderá visitarse ata o vindeiro 31 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Desde o inicio de mes, a exposición ten permitido ao público achegarse a esta técnica construtiva tradicional, amosando a importancia da súa conservación e posta en valor no territorio galego.

A Escola Habanera convídanos a aproveitar estes últimos días para coñecer de preto este legado patrimonial a través do obxectivo de Xosé Manuel Irimia.

⚙ Configurar cookies
0.19137001037598