Últimos días para visitar en Vilalba a mostra sobre o Camiño de Santiago

TerraChaXa
Abanca, Afundación e o Concello de Vilalba pechará o próximo día 29 a mostra O camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla,
mostra aradilla camino santiago
22 Ago 2022

Abanca, Afundación e o Concello de Vilalba pechará o próximo día 29 a mostra O camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla, que está aberta ao público desde o 18 de xullo na Sala Ramón Guntín da Casa da Cultura.

Esta exposición, orixinada a partir da publicación O camiño ilustrado de Editorial Planeta, traslada ao público ás distintas cidades monumentais que atravesa o Camiño de Santiago. Navarra, Burgos ou León, por exemplo, e a súa fauna e flora, conviven nunha mostra que homenaxea tanto o patrimonio cultural como o natural dun roteiro descrito como de conformación da esencia europea.

É o Camiño de Santiago a senda de peregrinación con maior antigüidade e tránsito de toda Europa. Son centos de anos cativando a todas as persoas que se animan a descubrilo e vivilo, o que explica que sexan moitos os e as artistas atraídos por el, e que o converteron en fonte de inspiración e temática da súa obra. Na mostra dedícase unha sección para entender o vínculo entre a viaxe e a creación, que no caso de Aradilla é tan notorio.

0.16771602630615