Un amistoso Vilabés-As Pontes recaudará fondos para reparar o campo do Cazás

TerraChaXa
O campo Municipal de Xermade acollerá o 29 de marzo un encontro amigable entre o Rácing Vilalbés e o CD As Pontes co obxectivo de recaudar fondos para poder reparar o campo donde xoga o Cazás.
cartelpartido
11 Mar 2018

O campo Municipal de Xermade acollerá o 29 de marzo un encontro amigable entre o Rácing Vilalbés e o CD As Pontes co obxectivo de recaudar fondos para poder reparar o campo donde xoga o Cazás. O partido terá lugar ás 17.00 horas e o custe da entrada será de 5 euros.

Os equipos aproveitarán o descanso de Semana Santa na Liga para facer este partido.

Os xabaríns destrozaron no pasado mes de novembro o campo de fútbol do Cazás, que lucía nova cara tras unhas obras de mellora realizadas durante o verán.

O estado no que quedou o terreo de xogo foi tal que o Cazás, equipo que milita na Terceira Autonómica, tivo que cambiar o seu lugar de celebración dos partidos a Momán. Días máis tarde, os xabarís destrozaban tamén o campo do Momán, onde xoga o equipo de veteráns do mesmo nome, deixando ao Cazás nunha delicada situación á hora de disputar os seus partidos de Liga.

Os reponsables deste segundo campo tras o seu amaño decidiron poñer un pastor eléctrico para impedir novas incursións destes animais.

Deste xeito, o municipio de Xermade ten que facerse cargo dunha nova instalación eléctrica que palie os efectos negativos da fauna nos campos de fútbol, que traen de cabeza a xogadores e directivos dos clubs. O pastor eléctrico funciona aproveitando a instalación eléctrica e supón para o Concello un novo gasto de varios centos de euros.

Mentres tantos, os veciños de Cazás e tamén os de Momán están pendentes de que a Xunta poda aportar algún investimento máis para poder refacer o campo.

0.11912608146667