Un buque oceanográfico percorrerá a Cornixa Cantábrica para avaliar os recursos pesqueiros existentes
O buque de investigación oceanográfica Miguel Oliver, da Secretaría Xeral de Pesca do Estado, iniciou o domingo 15 de setembro, desde o peirao de Vigo, unha nova edición da campaña Demersales, para a avaliación dos recursos pesqueiros e a caracterización do medio na plataforma continental de Galicia e da cornixa cantábrica.
A campaña prolongarase 38 días e os estudos permitirán obter datos dos patróns de distribución espacial e índices de abundancia da fauna bentónica e demersal, ademais da caracterización hidrográfica e sedimentolóxica da zona e a súa influencia sobre as especies identificadas.
A campaña é multidisciplinar e combina as mostras por arrastre de fondo para a avaliación de peixes, crustáceos e cefalópodos, coa toma de datos e as mostras biolóxicas mediante dragas de sedimento para a caracterización de fondos e tamén o uso de batisondas CTD para obter datos da columna de auga.
Además realizaranse estudos de alimentación das distintas especies, censo de aves e a súa relación coas especies descartadas, recollida de mostras biolóxicas para estudos de contaminación, marcado de tiburón e raias e o seguimento dos arrecifes artificiais do Cantábrico entre outros estudos.
Esta edición únese á serie histórica que se vén realizando dende 1983 para a avaliación dos recursos pesqueiros na plataforma norte da Península Ibérica. A continuidade deste tipo de investigación é fundamental na Unión Europea para a correcta xestión pesqueira e medioambiental. Co seu desenvolvemento cúmplese cos compromisos adquiridos polo Estado no eido do Programa Nacional de Recompilación de Datos Básicos do Sector Pesqueiro.
A campaña Demersales desenvólvese en coordinación co Instituto Español de Oceanografía, que ostenta a súa dirección científica. Grazas a esta coordinación, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación facilita o uso e o equipamento dos barcos ao persoal investigador e pon á disposición dos científicos o instrumento máis axeitado para os fins específicos de cada campaña, mentres se trata de lograr a optimización dos recursos en beneficio dunha mellor xestión pesqueira.
MIGUEL OLIVER. O buque oceanográfico Miguel Oliver é, xunto co de Vizconde de Eza e o Emma Bardán, un dos tres buques de investigación pesqueira e oceanográfica da Secretaría Xeral de Pesca. É un buque multidisciplinar de 70 metros de eslora e 12 de manga dotado dun equipamiento tecnolóxico punteiro para a navegación e investigación pesqueira e oceanográfica e conta coa cualificación de buque ecolóxico e silencioso. Alberga tres radares, tres ecosondas e seis laboratorios, ademáis dun sofisticado sistema de posicionamiento dinámico e navegación.