Un campamento e a festa de Reis centran o programa de Nadal de Muras
O Concello de Muras centrará o seu programa de Nadal en dúas actividades orientadas aos máis pequenos da casa. Así, volverá organizar un campamento de Nadal para a cativada co obxectivo de axudar a conciliar a vida familiar e laboral.
Este campamento terá lugar os días laborais das vacacións escolares, entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro, agás a xornada de Reis, 6 de xaneiro, que é festivo.
Este campamento terá lugar todas las mañá entre as 10.00 e as 14.00 horas na casa do médico con actividades para todos.
Este campamento será gratuíto e contará con dúas monitoras para acompañar aos pequenos.
As persoas interesadas poden inscribirse no Concello ata o 22 de decembro.
Ademais, o Concello adiantou que ten pensado facer o día 5 unha festa de Reis con varias sorpresas pero aínda se está traballando na organización.