Un cento de xogadores acodirá ao campeonato de tute de Cervo
O XXV Campionato de Tute Concello de Cervo arrincará o 5 de novembro. A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez e por Félix Fernández, quen colabora desinteresadamente e que leva ao fronte do campionato desde os seus inicios. Está máis que consolidada e adoita reunir a un centenar de xogadores.
Tal e como apuntaron as partidas xogaranse nos diferentes locais hostaleiros e sedes de clubs, asociacións, etc, do municipio que desexen participar, formando equipos de catro parellas.
As partidas ou enfrontamentos realizaranse por sistema de liga, é dicir todos contra todos, a dobre volta, en cada un dos locais que establezan os equipos participantes.
As inscricións deberán formalizarse antes do 24 de outubro na Casa da Cultura, no Concello, ou a través do teléfono 686 970 388; ese mesmo día, ás 19.00 horas haberá unha reunión na Casa da Cultura á que están convocadas as persoas e entidades interesadas en participar na que se elaborará o calendario de enfrontamentos.