Un colectivo organiza unhas xornadas sobre consumo eléctrico no Vicedo

TerraChaXa | LugoXa
24 sep 2019

O venres 27, ás 19.30 horas, no Albergue Abeiro de Mañón Eduardo Lorenzo Pigueiras, catedrático da Universidade Politécnica de Madrid e profesor de enerxía solar fotovoltaica, así como Gilberto Gil, enxeñeiro mecánico e máster en renovables, quen estivo a cargo da charla na primeira edición das xornadas en xaneiro deste ano, participarán nun encontro aberto ao público organizado polo colectivo Nordés Faladora, que abarca O Vicedo, Mañón e Ortigueira.

Na charla abordarán o estado do sistema eléctrico español e o impacto que sufrirá polo autoconsumo fotovoltaico; por isto, revisarán o Real Decreto 244/2019 de abril de 2019 no que é regulado o autoconsumo de enerxía eléctrica. Tamén falaremos do que consideran o maior reto: o cambio climático. E, para rematar, convidan ao público a participar e falar sobre sostibilidade.

O sábado 28, ás 11.30 horas, visitarán a casa de Eduardo Pigueiras para ver o funcionamento dun sistema de calefacción/auga quente sanitaria mediante enerxía solar térmica con respaldo dunha caldeira de biomasa. Alí tamén falará do funcionamento dos muíños de auga e toda a tecnoloxía que significaban.

O punto de encontro para o sábado 28, ás 11.15h, será na explanada do Cruce de San Pedro, xusto no cruce da estrada do Barqueiro a Mañón, coa que sube do Baleo (Ortigueira), cara Ponte do Porto/Casanova.

É preciso anotarse para a visita do sábado 28 (antes do xoves 26) no teléfono 653756454 (Ricardo) ou en asociacion.nordes@gmail.com.

Tamén hai que anotarse para o xantar que ofrecen como remate desta segunda edición sobre enerxía renovables en Casa Urbano, a 15 euros por persoa, que constará de sopa de peixe, cordeiro asado, postre e bebida.

0.14819312095642