Un concerto de Bras Rodrigo abre a programación cultural de Burela

TerraChaXa | AMariñaXa
 A programación cultural de Burela para febreiro chega cargada de sorpresas.
49251317_219556415503831_4797821010453725184_n
28 Xan 2019

 A programación cultural de Burela para febreiro chega cargada de sorpresas. O vindeiro domingo, 3 de febreiro, ás 18:00 horas chegará ao auditorio municipal de Burela o espectáculo para público familiar do Circo Fantasy Show, que contará con malabaristas, equilibristas, pallasos, artistas que participaron no programa televisivo Tú si que vales e personaxes de Canta y Juega, Pepa Pig, Bob Esponja e Patrulla Canina.
As entradas terán un custo de 5 euros e poderanse adquirir en billeteira o mesmo día da función dende as 16:30 horas.
Po outra banda, o gaiteiro asturiano Bras Rodrigo, coordinador-executivo para Europa do desfile de San Patricio de New York, o festival celta máis antigo, máis grande e máis importante do mundo, ofrecerá un concerto en Burela este sábado, 2 de Febreiro, ás 21:00 horas no Auditorio Municipal. Alí presentará o seu segundo traballo discográfico A pause in New York, nunha noite máxica na que estará acompañado da banda local de gaitas da  ACM Dambara e o gaiteiro carballiñés  Isidro Vidal. As entradas para asistir a esta concerto están á venda ao prezo de 8 euros en www.wegow.com
Desde xeito, con música e con circo, arrinca a programación cultural do Concello de Burela para o mes de febreiro. A axenda tamén inclúe sesións de cine infantil os domingos 10 e 17 e o 23 estará na vila A Xanela do Maxín con O murmurio do mar.

0.12647795677185