O Vicedo acolle hoxe un contacontos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
25 sep 2019

A casa da cultura do Vicedo acolle esta tarde de mércores, 25 de setembro, ás 17 horas, unha actividade de animación á lectura.

Trátase do contacontos Ernesto Suárez presentando o espectáculo Historias sorprendentes para nenas e nenos diferentes. Unha actividade dirixida a nenas e nenos entre 4 e 11 anos que forma parte do catálogo de actividades Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.

A entrada é gratuíta.

0.16137480735779