Un estudo da Asociación Morcegos de Galicia permite mellorar o coñecemento de especies

TerraChaXa
Un estudo de Morcegos de Galicia da presencia de morcegos ameazados en bosques da reserva da biosfera Terras do Miño, comezado no 2022, permite mellorar o coñecemento sobre especies ameazadas de morcegos en carballeiras da reserva da biosfera Terras do Miño.
27 Dec 2023

Un estudo de Morcegos de Galicia da presencia de morcegos ameazados en bosques da reserva da biosfera Terras do Miño, comezado no 2022, permite mellorar o coñecemento sobre especies ameazadas de morcegos en carballeiras da reserva da biosfera Terras do Miño.

En 2023 Morcegos de Galicia recibiu una nova axuda da Deputación de Lugo para continuar con este proxecto e as mostraxes centráronse nos concellos de Muras, Pol e Meira, nos que se realizaron mostraxes acústicas con gravadoras de ultrasóns e capturas de exemplares con redes de néboa.

O obxectivo do estudo era valorar a importancia das carballeiras máis antigas da reserva da biosfera na conservación de especies ameazadas de morcegos.

Así, os traballos permitiron mellorar o coñecemento do uso que as diferentes especies de morcegos forestais fan das carballeiras e, entre outros, permitiron identificar novas zonas de presencia da especie Myotis mystacinus, incluída no catálogo galego de especies ameazadas, ou da escasa Myotis alcathoe, una especie moi vencellada aos bosques de ribeira das zonas montañosas.

A estas especies súmanse as xa detectadas en 2022, como o Myotis bechsteinii e Nyctalus lasiopterus (incluídas no catálogo galego de especies ameazadas) e outras especies forestais como Barbastella barbastellus ou a especie migradora Nyctalus leisleri.

Morcegos de Galicia espera continuar recadando información sobre a importancia das carballeiras na conservación de especies ameazadas de morcegos, contribuíndo así á posta en valor destes hábitats e á súa conservación.

0.12936282157898