Un ferido en Begonte despois de saírse da vía co seu vehículo
TerraChaXa
Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía co vehículo que conducía á altura do termo municipal de Begonte.
10 Dec 2017
Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía co vehículo que conducía á altura do termo municipal de Begonte. Segundo indicou un particular ao 112 Galicia, sobre as doce deste mediodía, o condutor circulaba entre o punto quilométrico 513-515 da A-6, cando se botou fora da calzada.
Tras recibir a chamada do alertante, o persoal do CIAE puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Vilalba. Tamén foron informados os membros do GES de Guitiriz.
Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron que non foi preciso o uso do material de excarceración.