Un fin de semana para as categorías base do Burela

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
13 sep 2019

O Pescados Rubén informa sobre o calendario de base das categorías cadete e alevín autonómica desta fin de semana.

As citas comezan o día 14 de setembro, na categoría de filial feminino co primeiro torneo feminino Praias de Barreiros e comezando polas semifinais que disputarán o Praias Praias de Barreiros FSF contra o Pescados Rubén Burela F.S. e a do Concello de Begonte FSF contra o Lieders FSF. Logo entre as gañadoras decidirase o terceiro e cuarto posto e a final. Será das 16 ás 20 horas no Municipal de Barreiros.

O sábado xogará tamén un amigable o Pescados Rubén Burela F.S. contra o C.D. La Braña Gijón na categoría Benxamín B, ás 13.00 horas no Monte Castelo burelés. 

E na categoría Prebenxamín, o Pescados Rubén Burela F.S. disputa un amigable contra o C.D. La Braña Gijón, ás 12.00 horas, no Monte Castelo.

Ao día seguinte disputarase un migable xuvenil, ás 18.30, no Vista Alegre de Burela entre o Pescados Rubén Burela F.S. e o Concello de Guitiriz.

En autonómica cadete, o Pescados Rubén Burela F.S. medirase co Concello de Guitiriz este domingo 15, ás 17.00 en Vista Alegre.

O mesmo domingo, día 15, o Pescados Rubén Burela F.S. xogará contra o Ex - alcohólicos, na categoría de Alevín Autonómica, ás 12 horas, en Burela. 

0.11820793151855