Un gromo nunha voda na Terra Chá dispara de novo os contaxios e os casos activos

TerraChaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
COVID 19
9 Xul 2021

A covid continúa imparable no seu crecemento. Así, este xoves son xa 43 casos máis que onte ata os 395 casos activos contabilizados. Cabe destacar que a subida na xornada anterior foi de 38. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 61 casos novos (onte foron 47 e o día anterior 43), e as altas chegaron ás 12.918 (18 nun día), o día anterior foron 8.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.535 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria continúa con 5 persoas ingresadas. No Hula hai 1 na UCI e 3 en planta; ademais dun hospitalizado en Monforte.

O Comité clínico pola súa banda levantou as retricións a Castroverde pero mantén a Sarria en alerta alta. Estes cambios entrará en vigor na madrugada do venres ao sábado.

POR COMARCAS

Sarria ofrece cifras de control do gromo con primeiro descenso de casos novos e rebaixa da incidencia, aínda en valores altos. Pola contra un novo gromo causado nunha voda deixa as cifras da incidencia de Castro de Rei, Meira e A Pastoriza moi elevadas. Lugo tamén segue sumando positivos.

A Mariña

  • Viveiro suma xa 11 casos, aínda coa incidencia moi baixa.
  • Lourenzá segue coa incidencia moi alta malia non chegar a 10 contaxiados.
  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Ribadeo, Cervo e Xove.
  • Burela e O Vicedo fai unha semana que non teñen contaxios novos. Súmase A Pontenova.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Mondoñedo, O Valadouro, Alfoz e Trabada.

Terra Chá

  • Cospeito, Vilalba, As Pontes, Friol e Begonte teñen casos pero con baixa incidencia. Súmanse Outeiro de Rei e Pol
  • Castro de Rei con 16 casos, e Meira e A Pastoriza con menos de dez teñen a incidencia moi alta debido ao gromo orixinado nunha voda.
  • Rábade leva unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín e Guitiriz.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben a 148 (16 máis).
  • Portomarín, Guntín, O Corgo, Palas, Antas de Ulla, As Nogais e Becerreá teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Castroverde leva unha semana sen casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Pedrafita, Baralla, Ribeira de Piquín, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Monterroso.

Comarca de Sarria

  • O gromo en Sarria empeza a mellorar. Desdenden os casos a 59 (14 menos), co concello en alerta alta e coa incidencia comezando a baixar.
  • Láncara ten casos con incidencia media e Triacastela con alta.
  • Samos, O Páramo, O Incio e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte segue con 10 casos e mantén a incidencia baixa.
  • Chantada sobe a 17 contaxios e con incidencia baixa.
  • Carballedo ten a incidencia alta e rebaixa con respecto á xornada de onte.
  • Sober, Quiroga, Pantón e O Saviñao teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Taboada leva sen contaxios novos unha semana.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.
0.19098711013794