Un grupo de alumnos de Borgoña e de Meira traballaron nos estereotipos culturais
O IES Pedregal de Irimia de Meira acolleu durante una semana a once alumnos e dous profesores do Lycée Militaire D'Autoun, de Francia, nunha mobilidade do programa Erasmus.
O título do proxecto é Traballando as diferenzas culturais e os estereotipos. Unha forma de construír cidadanía europea. Así, durante estes días expuxéronse e analizáronse os resultados dunhas enquisas sobre os estereotipos franceses en España e dos españois en Francia.
Ademais, o colectivo visitou Santiago de Compostela, o Castro de Viladonga, Lugo e parte da Mariña. Así mesmo, aproveitaron para amosar os costumes e tradicións galegas, que romperon coa idea que tiñan dunha España homoxénea.
Os alumnos meireses coñeceron outras similitudes con Autun, un pobo situado na Borgoña francesa, que ten partes dunha muralla romana similar á de Lugo, que na zona hai restos de poboados prerromanos parecidos aos castros e que pasar pola vila unha das diferentes rutas do Camiño de Santiago. Así mesmo, lembraron que os monxes que fundaron o mosteiro de Meira tiñan a súa orixe en Dijon, que é a capital de Borgoña.