Un home atraca a punta de pistola a oficina de Caixa Rural de Begonte
Un home aínda sen identificar atracou este martes, a última hora da mañá, a oficina de Caixa Rural ubicada na praza Hermanos Souto Montenegro da localidade chairega de Begonte. O atracador foi un home só, que a policía cre que é xoven e que conseguiu un botín de 25.600 euros. O home amenzou á empregada que se atopaba nese momento na oficina e a unha clienta cunha pistola. Ningunha das dúas mulleres opuxo resistencia, polo que non houbo que lamentar vítimas.
A Policía Nacional continúan coas investigacións a través das cámaras de seguridade de dentro da oficina e do exterior, aínda que o atracador levaba unha máscara de home vello e non é identificable, e tampouco deixou pegadas.
No momento do atraco o home levaba pantalón branco, xersei azul e gorra tamén azul. Non tocou nada, xa que obrigou á directora da oficina a que metese os cartos na mochila, e non empregou a violencia.