Un incendio afecta a dous bloques de vivendas en Rábade

TerraChaXa | LugoXa
Ningunha persoa resultou afectada polo lume que tivo lugar esta mañá en Rábade e que afectou a dous bloques de vivendas.
invendio vivenda rabade portada
2 Maio 2024

Ningunha persoa resultou afectada polo lume que tivo lugar esta mañá en Rábade e que afectou a dous bloques de vivendas.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pouco antes das 11:30 horas. Á súa vez, eles recibiran o aviso dun veciño, quen explicou que saía fume do ático dun edificio de dous pisos na rúa Gabriela Nieto Chan.

Rapidamente, á zona desprazáronse os servizos de emerxencias, que confirmaron que o fume se propagara ao longo de toda a rúa, aínda que, por fortuna, os veciños conseguiron saír ao exterior polos seus propios medios. Ao mesmo tempo, comprobaron como as chamas afectaban tamén o bloque de edificios contiguo.

Neste operativo participan os Bombeiros de Vilalba e de Sarria, o GES de Friol-Pas e os axentes da Garda Civil. Tamén colabora con medios o distrito forestal da zona.

A esta hora, os servizos de emerxencias continúan traballando para extinguir o incendio, xa controlado. Non houbo danos persoais.

0.083817005157471