Un libro repasa as cafeterías e ultramarinos que houbo en Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
12 Ago 2019

O cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, publicou o libro 'Cafeterías, tabernas, ultramarinos e bares de Viveiro. O viño e as tabernas viveiresas', que vai ser presentado este luns, 12 de agosto, ás 20.30 horas, na sala de exposicións do Conservatorio da cidade do Landro.

Na presentación deste obra intervirán xunto ao autor, Andrés Díaz Ferro, Vicente Míguez e a alcaldesa María Loureiro.

O seminario de estudos Terra de Viveiro organiza esta actividade cultural en colaboración co Concello vivariense.

0.13449287414551