Un obradoiro de emprego acondiciona a contorna do campo da festa de Bretoña

TerraChaXa
Un obradoiro de emprego está a acondicionar durante este mes de maio unha finca colindante co campo da festa de Bretoña.
bretona_campodafeira
6 May 2018

Un obradoiro de emprego está a acondicionar durante este mes de maio unha finca colindante co campo da festa de Bretoña. O obxectivo desta actuación, tal e como indicou o alcalde do Concello, Primitivo Iglesias, é "poñer en valor esta zona, que estaba moi deteriorada e non se lle podía dar uso, ademais de dar moi mal aspecto no centro de Bretoña".

As obras están a cargo dun obradoiro de emprego de formación medioambiental e forestal que actúa en cinco concellos: Pol, Ribeira de Piquín, A Pastoriza, Riotorto e Castroverde, e que ten o seu centro de xestión neste último concello. O obradoiro está dividido en dous equipos, o máis numeroso, é o que actúa precisamente neste concello e en Riotorto e Ribeira de Piquín. Está formado por doce persoas que se están a ocupar de desbrozar a zona, construír un aparcamento, recuperar un balado e cementar céspede.

A finca sobre a que están actuando era propiedade do bispado da diócese Mondoñedo-Ferrol e nel había un cemiterio que foi retirado xa hai varios anos. O concello fixo precisamente un intercambio coa institución relixiosa para poder pasar este terreo ao seu nome e poder cedelo aos veciños para o seu desfrute.

A finalización da obra está prevista para os últimos días do mes de maio e entre as accións previstas está tamén a colocación de ornamentos como unha fonte. Unha vez rematado o ciclo, o obradoiro desplazarase a Riotorto para continuar coa formación ata o 28 de xuño, cando remate o periodo formativo.

Segundo indicou o alcalde, Primitivo Iglesias, "os obradoiros son de moita utilizada, non só para os alumnos, que obteñen certificación laboral, senón que son moi interesantes e de moito beneficio para os concellos porque nos permiten facer obras que doutro xeito non poderíamos por falta de orzamento".

0.17224502563477