Un obradoiro de risoterapia para coidadores celebrarase en San Martiño de Pino

TerraChaXa
A actividade está organizada pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Lugo (Afalu)
obradoiro-de-risoterapia
21 Apr 2025

Este miércoles 23 de abril, ás 16:30 horas, a Biblioteca Rural de San Martiño de Pino (Escola de Pino) acollerá un obradoiro gratuíto de risoterapia centrado na xestión emocional das persoas coidadoras. A actividade está organizada pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Lugo (Afalu), en colaboración co Concello de Cospeito e o Servizo Galego de Saúde (ACIS).

Baixo o título Risoterapia: Xestión de emocións para coidadores, o taller busca ofrecer ferramentas prácticas e un espazo de alivio emocional a todas aquelas persoas que desempeñan labores de coidado, axudando a mellorar o seu benestar psicolóxico a través do humor e a risa.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do correo electrónico afalu@afalu.org ou no teléfono 607 843 384.

Este tipo de iniciativas forman parte dun programa máis amplo de apoio aos coidadores, recoñecendo o seu labor fundamental e a necesidade de coidar tamén a súa saúde emocional.

⚙ Configurar cookies
0.16064190864563