Un obradoiro en Abadín mostrará o uso das novas tecnoloxías aos maiores

TerraChaXa
O obradoiro desenvolverase na casa do concello entre as 10.00 e as 14.00 horas
enredando-tecnoloxia-muras-portada
5 Aug 2024

A veciñanza de Abadín poderá participar este venres, 9 de agosto, nun obradoiro co título Enredando, organizado por Cruz Vermella co obxectivo de formar no uso das novas tecnoloxías.

Así, nesta xornada buscan axudar a manexar mellor o móbil, o whatsapp, facer procuras en Internet e pedir cita para o médico, por exemplo, ademais de solventar dúbidas coas tecnoloxías.

O obradoiro desenvolverase na casa do concello entre as 10.00 e as 14.00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.66401696205139