Un obradoiro en Castro Ribeiras de Lea mostrará o uso das novas tecnoloxías aos maiores

A veciñanza de Castro Ribeiras de Lea poderá participar este mércores, 31 de xullo, nun obradoiro co título Enredando, organizado por Cruz Vermella co obxectivo de formar no uso das novas tecnoloxías.
Así, nesta xornada buscan axudar a manexar mellor o móbil, o whatsapp, facer procuras en Internet e pedir cita para o médico, por exemplo, ademais de solventar dúbidas coas tecnoloxías.
O obradoiro desenvolverase na Carballeira entre as 10.00 e as 14.00 horas.