Un obradoiro en Muras mostrará o uso das novas tecnoloxías aos maiores

TerraChaXa
A veciñanza de Muras poderá participar este luns nun obradoiro co título EnredandoTourR, organizado por Cruz Vermella.
enredando-tecnoloxia-muras-portada
17 Xul 2022

A veciñanza de Muras poderá participar este luns nun obradoiro co título EnredandoTourR, organizado por Cruz Vermella co obxectivo de formar no uso das novas tecnoloxías.

Así, nesta xoranda buscan axudar a manexar mellor o móbil, o whatsapp, facer procuras en Internet e pedir cita para o médico, por exemplo, ademais de solventar dúbidas coas tecnoloxías.

O obradoiro desenvolverase en dúas localizacións. Enttre as 9.30 e as 11.30 horas estarán na praza da Galeguidade mentres que de 12.30 a 14.30 horas trasladaranse á parroquia do Viveiró.

0.18158197402954