Un obradoiro nas Pontes mostra como medir a concentración de covid nos espazos
O colectivo Amigus Labs das Pontes organiza un obradoiro sobre Sensores CO2 maker para combater a pandemia covid-19, dirixodo a mozos e adultos.
Terá lugar o día 12 de febreiro, sábado, enttre as 10.30 e as 13.30 horas na praza do Hospital.
Neste obradoiro abordarase o proxecto de deseño e creación de aparatos de fabricación propia para medir a concentración de CO2 e medir o nivel de ventilación dun espacio.
Con esta medida indirecta pódese determinar o risco de contaxio en caso de compartilo con persoas infectadas: unha ventilación suficiente reduce de forma dramática o risco (menos do 1%).
Traballaranse diversos aspectos, dende unha pequena parte teórica e técnica, ata o uso práctico dos propios sensores empregando Arduino/ESP-8266.
Falarase tamén do sentido e valor da autofabricación fronte a productos comerciais.
O obxectivo do obradoiro é adquirir coñecementos e vagaxe suficente para poder abordar despois a creación de candanseu propio aparato e saber como empregalo.
O traballo farase por grupos, xa que a asociación conta con poucos sensores, e os protipos resultantes quedarán na propia asociación para o seu emprego e maior seguridade.