Un pasarrúas animará a xornada festiva de mañá en Feira do Monte
TerraChaXa
Un ano máis, a pandemia do coronavirus impedirá a celebración das festas patronais de Feira do Monte e só haberá un pasarrúas.
30 Abr 2021
Un ano máis, a pandemia do coronavirus impedirá a celebración das festas patronais de Feira do Monte. O que se mantén é un pasarrúas, o día 1, a cargo de Asubíos da Chaira.
Se o tempo acompaña, sairán ás 12.00 do consistorio para percorrer as principais rúas da vila. "En caso de mal tempo, aplicaremos un plan B para que os noso fogares non queden sen música", din dende o grupo musical.