Un quinto premio da Lotería vendeuse en Castro Ribeiras de Lea

TerraChaXa | LugoXa
O Sorteo da Lotería de Nadal xa deu comezo aterrando na comarca de Terra Chá.
22 Dec 2020

O Sorteo da Lotería de Nadal xa deu comezo aterrando na comarca de Terra Chá.

Un dos quintos premios, o 86986, caeu en parte en Castro Ribeiras de Lea, onde se vendeu un boleto na administración situada na praza García Abad, Casa Carreira. Este número está premiado con 6.000 euros ao décimo e 60.000 euros á serie.

O segundo premio en saír foi o 37023, tamén moi repartido pero que polo momento non parece que caera na provincia.

(NOTICIA EN AMPLIACIÓN)

0.17627906799316