Un quinto premio vendeuse en Lourenzá

TerraChaXa | AMariñaXa
O Sorteo da Lotería de Nadal fixo tamén parada na Mariña.
22 Dec 2020

O Sorteo da Lotería de Nadal fixo tamén parada na Mariña.

Un dos quintos premios, o 19371, caeu en parte Lourenzá. O encargado de repartir a sorte foi a administración situada na rúa Linares Rivas, a Faba de Ouro. Este número está premiado con 6.000 euros ao décimo e 60.000 euros á serie.

Trátase dunha serie que se vendeu por completo, algúns décimos incluso a última hora do luns.

Este é o terceiro premio en saír. O primeiro, o 86986, tamén tocou na provincia, concretamente en Castro Ribeiras de Lea. O segundo premio en saír, o 37023, non tivo repercusión en Lugo.

(NOTICIA EN AMPLIACIÓN)

0.16621494293213