Un reto para Crecente Vega

TerraChaXa | LugoXa
Unha comisión busca o recoñecemento dentro do mundo da literatura galega de Xosé Crecente Vega, o poeta natural de Castro de Rei.
homenaxe crecente vega
20 Xuño 2021

Unha comisión busca dende o ano pasado o recoñecemento dentro do mundo da literatura galega de Xosé Crecente Vega, o poeta natural de Castro de Rei, sendo o protagonista dunha das edicións do Día das Letras Galegas. Unha homenaxe e a publicación do seu libro póstumo foron algunhas das actividades que impulsan o seu legado, que se ampliará cunha produción videográfica na que se musicalizarán os seus poemas por grupos e cantantes de diferentes estilos.

Fai un ano, un grupo de familiares e amigos de Xosé Crecente Vega acordaron solicitar á Real Academia Galega que se destinase a este autor de Castro de Rei o Día das Letras Galegas.

Pero antes de chegar a este punto, a posta en valor da obra de Xosé Crecente Vega tiña comezada. Cinco anos atrás, nunha reunión familiar, algúns dos asistentes traduciron ao inglés algunhas das poesías do autor que posteriormente se enviarían á Consellería de Cultura e ao Consello da Cultura Galega.

Foi así como o o escritor e profesor Víctor Freixanes orientounos para facer esa candidatura, que foi presentada a principio do ano 2020.

“Recomendáronos empezar dende abaixo, creando unha asociación e buscando apoios”, indica Mario Crecente, sobriño do autor.

Abriron a rolda de traballo cunha xuntanza no Seminario para tratar este asunto, xuntanza na que estiveron presentes asociacións da contorna con interese en que se recoñecese o traballo de Xosé Crecente Vega. Guitiriz e Castroverde foron algunhas das asistentes pero destacou moito o apoio de aqueles que coñeceron a este poeta chairego. A proposta de pedir o Día das Letras Galegas foi moi ben acollido e a partir de aí comezou o traballo duro.

Os membros da nova asociación crearon un microsite, e comezaron a difundir a iniciativa entre o mundo da cultura, comezaron diferentes proxectos e montouse unha comisión da que forman parte Félix Villares, Regina Polín e Felipe Arias, ademais do propio sobriño do autor.

“Con esta comisión máis outra xente fumos tendo reunións, a primeira co alcalde de Castro de Rei, que nos apoio dende o inicio, co obxectivo de impulsar a publicación do libro de poemas inéditos de Crecente”, engade Mario Crecente.

E así, baixo o carballo de Luxís tivo lugar fai uns días o acto de homenaxe ao, que se facía coincidir co 125º aniversario do seu nacemento. E no que se aproveitou para presentar ese libro póstumo que leva por título O mundo nun puño de remol. O propio Víctor Freixanes, como presidente da RAG, foi un dos asistentes de luxo a este evento.

“Foi un acto precioso, coa presenza de veciños e veciñas, e no que destacaron as intervencións de Roberto Crecente, profesor de música”, explica o sobriño do autor.

O momento máis emotivo do acto tio lugar coa intervención de Eladio, de Eladio e os Seres Queridos, que fixo unha canción cun dos poemas de Crecente.

Pero no será este o único poema que se convertirá en música, xa que unha nova iniciativa posta en marcha pola comisión xa que agora hai unha proposta para facer un vídeo no que grupos de diferentes estivos musiquen outras das pezas literarias que Crecente Vega deixou para a historia.

A idea por tanto é crear con el un disco do que Eladio fixo precisamente na homenaxe deste mes a primeira maqueta.

UN GALEGO ILUSTRE

Xosé Crecente Vega, o autor de Codeseira, naceu en Castro de Rei no ano 1896, o segundo de seis irmáns que deixaría o seu pobo natal para entrar no Seminario de Mondoñedo con 14 anos, onde sería ordeado presbítero no ano 1919.

Ademais da súa formación relixiosa, estudaría por libre nos institutos de Ferrol e Ourense e nas universidades de Santiago de Compostela e Salamanca, onde se licenciou en Filosofía e Letras. A enfermidade chegou á súa vida durante a Guerra Civil e malia que se recuperou estivo aqueixado dunha doenza do corazón e de tuberculose moitos anos, para rematar falecendo en 1948 en Segovia, onde recibiu sepultura. Moitos anos máis tarde, en 1998, os familiares trasladaron os seus restos á localidade que o viu nacer, e alí permanecen, na igrexa parroquial de Santa María de Outeiro.

codeseira crecente vega
crececente vega
comision crecente vega comision linguistica
0.18197202682495