Un San Xoán cheo de diversión na localidade de Noche
TerraChaXa
A música correrá a cargo de Aixa Romay
Cartel
20 Xuño 2024
O domingo 23 de xuño celebrarase na localidade de Noche, en Vilalba, o San Xoán cun catering a cargo de Chao da Brea e unha actuación musical de Aixa Romay.
Terá lugar na carpa do campo da escola ás 14.30. O menú estará composto por un salpicón de rape, costela de porco asado, sobremesa e pan; ademais de viño, cervexa, refrescos e auga con café, licor e queimada.
O prezo para os socios é de 30 euros e de 35 para os que non sexan socios. Os nenos menores de 12 anos, que terán un menú infantil, irán de balde.