Un tobogán acuático de 35 metros estará en Guitiriz
TerraChaXa
O Concello de Guitiriz instalará un gran tobogán acuático de 35 metros no aparcamento da rúa Boa Veciña para o desfrute dos pequenos.
4 Ago 2021
O Concello de Guitiriz instalará un gran tobogán acuático de 35 metros de lonxitude no aparcamento da rúa Boa Veciña para o desfrute dos máis pequenos. Poderase desfrutar del desde mañá xoves 5 e ata o domingo 8 de agosto.
O horario dos inchables será de 11:30 a 14 horas e de 16 a 19:30 horas. O seu uso é gratuíto pero hai que anotarse previamente na propia instalación. Gardarase en todo momento un estrito protocolo covid-19 e, se chove, non estará aberto ao público.
Haberá un tobogán máis grande, o chamado Gravity, de 35 metros de lonxitude e cunha altura mínima de 1,5 metros e outro máis pequeno, coñecido como ‘Selva’, que está formado por dous tobogáns de 18 metros.