Un total de 32 poldros foron vendidos a Navarra a través da asociación ACGEMA

TerraChaXa
O Concello apoia esta iniciativa da Marca Muras habilitando o cargadoiro dos animais para a operación, que se fará tres veces ao ano
cargadoiro-de-poldros-de-muras
10 Mar 2025

O Concello de Muras, en colaboración coa Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, habilitou este domingo en Muras un cargadoiro no recinto habitual da Feira do Poldro na Gañidoira a través do cal un total de 32 poldros foron cargados e enviados a Navarra nunha iniciativa pioneira no termo municipal.

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa municipal da Marca Muras e permitirá aos veciños interesados vender os seus poldros para recría a esta asociación, que ten previsto facer unhas tres recollidas de gando ao ano. Esta foi a primeira, realizará unha segunda no mes de maio e completará os envíos en novembro, unha vez rematada a Feira do Poldro.

"A iniciativa busca resaltar as potencialidades do municipio chairego e reforzar a economía do sector primario", explicou o alcalde murés, Manuel Requeijo, quen tamén explicou que con esta estrutura móbil trátase de impulsar "o sector primario e poñer en valor o seu traballo".

Nesta primeira edición participaron gandeiros non só de Muras, senón tamén doutras zonas como próximas.

⚙ Configurar cookies
0.19293785095215