Un total de 56 poldros foron vendidos a través do segundo cargadoiro realizado en Muras

TerraChaXa
O Concello apoia esta iniciativa da Marca Muras habilitando o cargadoiro dos animais para a operación, que se fará tres veces ao ano
cargadoiro-cabalos-muras
3 May 2025

O Concello de Muras, en colaboración coa Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, habilitou de novo en Muras un cargadoiro no recinto habitual da Feira do Poldro na Gañidoira a través do cal un total de 56 poldros foron cargados e enviados a Navarra nunha iniciativa pioneira no termo municipal.

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa municipal da Marca Muras e permitirá aos veciños interesados vender os seus poldros para recría a esta asociación, que ten previsto facer unhas tres recollidas de gando ao ano. Na primeira xa se venderon unha trintena e as previsións son completar os envíos en novembro, unha vez rematada a Feira do Poldro, ata facer tres ao ano.

"A iniciativa busca resaltar as potencialidades do municipio chairego e reforzar a economía do sector primario", explicou o alcalde murés, Manuel Requeijo, quen tamén explicou que con esta estrutura móbil trátase de impulsar "o sector primario e poñer en valor o seu traballo".

Novamente participaron gandeiros non só de Muras, senón tamén doutras zonas próximas. "Somos un referente no comercio equipo ao ter un espazo de comercialización deste gando o que demostra que temos un sector primario vivo, dinámico e con forza", engadiu o mandatario.

⚙ Configurar cookies
0.19080996513367