Un vídeo recolle a experiencia de seis mulleres de Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
Filme Fotografía, Rubén García Videógrafo e o Concello de Castro de celebrarán este ano o Día da Muller presentando un proxecto audiovisual.
video mulleres
2 Mar 2021

Filme Fotografía, Rubén García Videógrafo e o Concello de Castro de Rei celebrarán este ano o Día da Muller presentando un proxecto audiovisual  no que se recollen os testimonios de seis mulleres do termo municipal, Josefa, Pili, Guadalupe, Modesta, Celia e Chus, que con distintas idades, profesións e experiencias relatan as súas vidas e mostras as súas opinións.

Esta iniciativa substitúa á programación habitual por esta celebración que tivo que ser modificada pola situación sanitaria actual. Trátase de seis microrrelatos que se poden ven nas redes sociais e Youtube estreando un cada día empezando con Josefa, a maior de todas.

Os vídeos teñen unha duración de tres minutos cada un e rematará o día 8 cun resumo de todos eles, xusto a xornada na que se conmemora o Día Internacional da Muller.

dia da muller castro
0.17514610290527