Unha achega ás ferramentas cartográficas dixitais para naturalistas, na Casa das Ínsuas
A Casa das Ínsuas de Rábade comeza setembro coas súas actividades medioambientais. Así, o sábado 9 de setembro desenvolverase a xornada sobre "Ferramentas cartográficas dixitais para naturalistas", entre as dez da mañá e as dúas do mediodía, impartida por Martiño Cabana da Universidade da Coruña / AGCT e coordinador do Atlas de Anfibios e Réptiles de Galicia e do Atlas de Libélulas de Galicia.
Con esta actividade preténdese achegar aos participantes as diferentes ferramentas dixitais dispoñibles para a cartografía da biodiversidade. A xornada contará cunha charla teórica sobre conceptos cartográficos útiles, así como as pautas de uso de programas e aplicacións sinxelas pero de grande interese para os naturalistas que desexen recopilar, almacenar e compartir a información xeográfica da biodiversidade e dunha demostración práctica no campo.
As persoas interesadas poden inscribirse na páxina web www.custodiadoterritorio.org/actividades.
Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 630 948 293 a través do WhatsApp ou vía telefónica.