Unha alumna de Mondoñedo, premiada polo seu proxecto innovador

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de recoñecer a estudantes de 6 centros educativos da provincia de Lugo cos premios do concurso Atrévete a ter unha idea, un certame enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.
9 Jul 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de recoñecer a estudantes de 6 centros educativos da provincia de Lugo cos premios do concurso Atrévete a ter unha idea, un certame enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.

Na Mariña resultou premiadoa Iria Bermúdez Barreira, de 2º de ESO do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, por un proxecto de paracaídas para o móvil.

O obxectivo deste programa é darlle a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar a comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades.

Puideron participar no certame alumnas e alumnos de 5º/ 6º de Educación Primaria e 1º / 2º de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Para facelo, deberon buscar unha idea de negocio e redactala como máximo en dúas páxinas. Os premios agora concedidos recoñecen as mellores propostas de negocio en cada zona.

Visitas a empresas
O programa ten dúas partes e, ademais do devandito concurso, inclúe unha serie de visitas do alumnado a empresas e asociacións de empresarios, onde un empresario da zona ofrece unha conferencia.

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e diferentes asociacións empresariais en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer o tecido empresarial da súa contorna

0.16282296180725