Unha axencia especializada en peregrinaxes visitará Viveiro
Unha axencia especializada en peregrinaxes e rutas deportivas que adoita traballar, entre outros, na organización de viaxes para turistas de orixe chinesa visitará Viveiro. Durante os 3 días que van permanecer no municipio terán a oportunidade de disfutar dos distintos recursos turísticos que ofrece Viveiro; ademais, van realizar distintas rutas en bicicleta, co fin de coñecer as posibilidades deste concello como destino turístico para os amantes da natureza e do turismo activo ou de aventura.
A visita desta axencia especializada foi posible grazas ás xestións realizadas pola Concelleira de Turismo, Marisol Rey, e servirá para promover o concello como destino turístico a ter en conta por un tipo de visitantes que buscan nas súas viaxes unhas características específicas que Viveiro pode ofrecer.