Unha camiñada reivindicará este domingo melloras sanitarias no Concello de Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O BNG de Castro de Rei organiza unha nova acción de protestas a favor da sanidade pública e para reclamar melloras na atención sanitaria.
caminada reivindicativa castro portada
27 Xan 2022

O BNG de Castro de Rei organiza unha nova acción de protestas a favor da sanidade pública e para reclamar á Xunta melloras na atención sanitaria nos dous centros médicos que hai no municipio. Tras varias concentracións nos meses anteriores e unha recollida de firmas que contou con numerosos apoios, nesta ocasión realizarán unha camiñada.

Esta terá lugar este domingo 30 de xaneiro, co obxectivo de percorrer o trazado que hai entre o centro de saúde de Castro de Ribeiras de Lea e o de Castro de Rei, cunha distancia de case doce quilómetros.

A saída será ás 10.00 horas de Castro, para chegar ao redor das 11.00 horas á capitalidade municipal, onde a continuación, e para finalizar o acto, celebrarase unha concentración diante do centro médico, para reclamar a súa reapertura, así como a dotación de máis persoal ao centro de saúde de Castro de Ribeiras de Lea.

0.15390801429749