Unha churrascada abrirá as festas de Noche este venres
TerraChaXa
O sábado actuarán Máster e La Ocaband e o domingo Epo-K
Cartel Festas Noche
12 Xuño 2024
A parroquia de Noche celebra as súas festas esta fin de semana na honra a San Antonio e a Virxe das Candelas.
Darán comezo o venres cunha churrascada a partir das 21.00 horas coa actuación de Cosme e Eventec.
O sábado 15 abrirán coa sesión vermú, ás 14.00 horas, que estará protagonizada polo grupo Máster. Pola noite haberá verbena de novo co grupo Máster e a orquestra La Ocaband.
O domingo haberá misa ás 13.30 horas e trala procesión terá lugar a sesión vermú co dúo Epo-K, co que se dará por rematada a festa.