Unha churrascada dá inicio ás festas en Arneiro

A parroquia do Arneiro, en Cospeito, celebrará desde hoxe e toda a fin de semana as súas tradicionais festas na honra a Nosa Señora da Cabeza e San Isidro Labrador cun amplo programa relixioso e musical.
O venres dará comezo a programación cunha churrascada popular aberta a todos os veciños e visitantes, amenizada pola actuación de Puzzle Animación.
O sábado 23 celebrarase ás 13:30 horas a misa solemne con procesión e sesión vermú a cargo do grupo M3 Show. Pola noite, a verbena estará protagonizada polo propio M3 Show e pola orquestra Fuxsion Latina.
O domingo 24, tamén ás 13:30 horas, terá lugar a misa solemne con procesión e a correspondente sesión vermú, nesta ocasión amenizada por Fuxsion Latina. Con esta actuación poñerase o broche final ás festas do Arneiro.
A comisión organizadora destaca que durante os tres días haberá colchonetas gratuítas para os máis pequenos, co obxectivo de ofrecer unhas festas pensadas para todos os públicos.