Unha cita obrigada coa música dos djs locais para abrir a Xira de Vilalba
Como non podía ser doutra maneira, Vilalba acollerá a terceira sesión de Djs locais na explanada da Madalena, a partir das 21.00 horas do día 23. Este ano contarase novamente coa presenza de David García, Dj versátil que, con moitas horas de traballo por riba, trata de que as súas sesións sexan únicas e especiais, encántalle que o público goce da ampla variedade musical, tanto con temas coñecidos como os non tan populares.
Tamén con Diego Amido, un novo artista xurdido desde o español techno escena e que, a través do nome Oxygeno, dalle a volta ao mundo a través de temas hipnóticos e duros; ademais de Cris Vázquez, Bris Tradd ou Decrux (que xa con 16 anos empezaba a explorar o mundo da produción e mesturas de techno e tech house).
Como nova incorporación este ano, estará Juan Chousa, caracterizado pola súa versatilidade e o seu bo dominio á hora de mesturar, executando sets desde chill a house, destacando o seu estilo impecable de efectuar as súas sesións e coidar ao máis mínimo detalle cada unha das súas mesturas.
Nos últimos anos púidoselle ver en varias presentacións de Creamfields así como en distintos clubs e discotecas de Dublín, Mallorca, Marrakech, Madrid, Bilbao, Portugal, Alicante, Valencia e Ibiza
A maiores, Dj Grande Osso estarán o xoves 5 de setembro, a partir das 20.00 horas, na Praza da Constitución. Trátase dun dúo formado por dous amigos da Mariña (Iago Peláez e Dani Rego) encargados de animar as súas sesións cargadas de bo ambiente.
Nas súas sesións pódense escoitar estilos como rock, disco, funk, house, pero sobre todo indie con variedade de remixs.