Unha de cal e outra de area nos resultados de tenis de mesa do club vilalbés
TerraChaXa
O equipo feminino de Segunda Nacional deu comezo esta fin de semana á súa Liga cunha triple vitoria en Narón.
23 Xan 2018
O equipo feminino de Segunda Nacional deu comezo esta fin de semana á súa Liga cunha triple vitoria en Narón. O Sanjurjo Moda impúxose por 3-1 ao San Xoan, por 3-0 al Cidade de Narón e por 3-1 ao Narón TM.
En Tercera Nacional o Basanta Souto desprazouse a Rábade onde perdeu por 4-2 ante o Rábade Terras da Chaira.
En Segunda Galega o Basanta Souto A estivo o domingo en Narón para enfrentarse alo Narón Promesas, partido moi disputado e que gañaron os vilalbeses por 4-3.