Unha de cal e outra de area para o TDM Vilalba
Resultados desiguais esta fin de semana para o equipo TDM Vilalba Basanta Souto. O equipo de terceira nacional masculina caía derrotado en Oleiros por catro a cero ante o Breogan Oleiros.
En segunda galega e no pavillón do Mato Vizoso o TDM Vilalba impoñíase por catro a cero ao Narón Óptica Valero, partido dominado de principio a fin polas xogadoras do Basanta Souto, Alba, Bea e Ari, que, cun xogo moi bonito e moi rápido, impuxéronse aos rivais con moita contundencia chegando a ser un puro trámite pola diferenza mostrada sobre a mesa.
A próxima fin de semana o equipo de terceira nacional descansa e o de segunda o Basanta Souto A desprázase a Lugo para enfrontarse ao Dez Portas Café Bar Karlos.
Os dous equipos de veteranos o Restaurante Montero e o Basanta Souto Veteranos desprázanse a Cambados a xogar a cuarta concentración fronte aos equipos de Cambados e Pontevedra.