Unha fotografía da ruta do Batán de Folgoso e outra dunha campá gañan o II Concurso #xermadeenfotos

TerraChaXa
A fotografía do sendeiro natural "Ruta do Batán de Folgoso" fíxose co primeiro premio do xurado do II Concurso de Fotografía Dixital Xermade en Fotos por diante de "Harmonía de espíritu".
Sendeiro natural Ruta do Batán de Folgoso
26 sep 2017

A fotografía do sendeiro natural "Ruta do Batán de Folgoso" fíxose co primeiro premio do xurado do II Concurso de Fotografía Dixital Xermade en Fotos por diante de "Harmonía de espíritu".

O premio do público recae na "campá ao solpor" e "elenco de soños".

III Concurso de Fotografía Dixital - O outono en Xermade
O Concello de Xermade, a través da concellería de Xuventude e Educación, convoca un novo concurso de fotografía dixital co obxectivo de dar a coñecer os atractivos do concello e que reflicta as múltiples sensacións que se poden ter neste municipio.

As fotografías deben amosar os recursos patrimoniais do municipio (naturais e paisaxísticos, agrogandeiros, industriais, arquitectónicos, etnográficos, arqueolóxicos, gastronómicos, etc.) dun xeito atractivo e de gran calidade técnica e artística.
Nesta ocasión, as fotografías teñen que ser actuais, desta época do ano, o outono.

Cada persoa participante poderá presentar un máximo de catro fotografías. A duración do concurso estenderase dende o 26 de setembro ata o 21 de decembro. As bases do concurso atópanse no portal www.xermadeenfotos.org -onde tamén se poden subir as fotografías do concurso-. A ligazón tamén está dispoñible na páxina web do Concello de Xermade: www.xermade.org.

0.209233045578