Unha gala solidaria reunirá en Burela a artistas da localidade

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
19 Dec 2019

A Concellería de Cultura de Burela colabora na organización da III Gala Solidaria Eu Son Burela, que se celebrará o 22 de decembro.

Terá lugar no auditorio municipal e dará comezo ás 19.030 horas. O prezo da entrada é de 2 euros.

Nesta gala, presentada pola actriz mariñá Estíbaliz Veiga, actuarán Álvaro Crego, The Lonely Ones, Batuko Tabanka, Pedro y El Chigri, Iván Pérez, ACM Dámbara, Mila, Erea e Javier, Crooner 432, Eu son band, Jesús e Mario Arranz, Miss Lane & The Kryptonians, Hugo Eiroá, Big Voyce e Raúl de J.

A organización convida a todos a asistir a esta gala “ademais de pola calidade dos artistas convidados, é unha cita importante dado o carácter solidario do evento”.

0.12612104415894